"Hai unha cor que cruza a tea. Oponse unha faísca que abre a luz no medio da imaxe. Eclosiona a arte, faise néboa". Abraham Pérez. Poeta lucense. NÉBOA é unha galería de arte contemporánea, un espazo cuxa poética se centra na emoción, no sentimento que da paso á reflexión. NÉBOA nace coa vocación de representar a arte que conecte coas orixes, coa natureza, coa esencia. Desde a galería comprometémonos a buscar a excelencia en todas as nosas actividades e a dar visibilidade a todos os puntos de vista dos creadores actuais, artistas novos, emerxentes, e consolidados.